Notas
-
A UDC puxo en marcha o "Portal da investigación da UDC", un novo sitio web onde se pode consultar toda a produción científica e as métricas dos seus centros singulares, grupos de investigación e persoas investigadoras mediante unha interface de fácil uso. O obxectivo do portal é mellorar a visibilidade e a transparencia da actividade investigadora da UDC.
-
O Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CiTIUS) vén de ser recoñecido polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia co Premio Especial da XVI Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia 2024 pola organización da ECAI 2024 (European Conference on Artificial Intelligence), un dos eventos máis importantes do mundo en intelixencia artificial que se celebrará en Compostela do 19 ao 23 de outubro de 2024, convertendo a cidade e Galicia nas capitais mundiais da IA.
-
Ademais de seren ferramentas para o entretemento e as relacións persoais, as redes sociais téñense consolidaron dende hai anos como mecanismos eficientes de comunicación institucional, e as universidades non son alleas a este fenómeno. En paralelo ás oficinas de prensa e de imaxe, case todas as universidades contan na actualidade con xestores de redes sociais institucionais que, dende o ano pasado teñen un punto de encontro do simposio Rederas.
-
Sadisir: Sistema de Automatización da Diagnose a partir de Signos Radiolóxicos. Este é o nome dunha ferramenta creada por persoal investigador da Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense que, mediante a combinación de técnicas de intelixencia artificial e modelos de aprendizaxe automática, infire automaticamente a ou as diagnoses médicas máis probables a partir dos signos presentes nunha imaxe de raios X.
-
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Pontevedra están a desenvolver a quinta edición do “Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos”. Trátase dunha actividade gratuíta destinada a espertar o interese do gran público sobre temas de actualidade científica con repercusión social, impulsando ademais o labor investigador que se leva a cabo en Galicia.
-
O cancro anaplásico de tiroide, un dos máis agresivos e devastadores, actualmente ofrece poucas opcións de tratamento efectivas, cunha taxa de supervivencia de cinco anos de apenas o 5%. Non obstante, un novo estudo abre a porta cara a unha terapia innovadora. A investigación foi realizada por persoal investigador do Centro de Investigación en Medicina Molecular (CIMUS) e do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), ambos os dous pertencentes á USC e ao Instituto de Investigación Sanitaria Galicia (IDIS).
-
A Escola Técnica Superior de Arquitectura (ETSAC) da Universidade da Coruña acolle o 'I Foro Transnacional. Arquitecturas do Mar e a súa Paisaxe Asociada', que supón o lanzamento do proxecto europeo SEALabHaus, no que arquitectos galegos e doutras rexións do arco atlántico español peninsular presentarán boas prácticas de rehabilitación, adecuación e intervencións, tanto en construcións litorais como na paisaxe asociada a elas.
-
A resolución de problemas asociados á alta xeración de residuos agrícolas e forestais, que se acumulan cada vez en maior medida debido ao abandono do medio rural e que causan unha gran cantidade de incendios. Con este obxectivo lanzouse na Facultade de Ciencias do campus de Ourense o proxecto europeo Valorización integral de residuos agroforestais: novas biorrefinerías multiproduto escalables (Newpower). Liderado desde a Universidade de Vigo e cun orzamento total de 1,3 millóns de euros, aúna once socios de Portugal, Francia e España.
-
A Xornada Power Up Videoxogos Aplicados e Persuasivos, organizada polo Campus Industrial da Universidade da Coruña xunto coa Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, a través do Máster en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos, amosou múltiples aplicacións que se abren co uso dos videoxogos.
-
A Conferencia de Reitores de Universidades Españolas desenvolve este luns e o martes no Edificio Fontán da Cidade da Cultura as súas XXI Xornadas sobre Internacionalización e Cooperación, organizadas nesta ocasión polas tres universidades públicas galegas. A xornada inaugural presidiuna o reitor da USC, Antonio López Díaz, e contou coa participación dos seus homólogos da Coruña e Vigo, Ricardo Cao Abad e Manuel Reigosa Roger, respectivamente.